Volver

Edificio de Correos e Telégrafos

Construído en 1926, o edificio de Correos é un dos máis fermosos exemplos da arquitectura modernista da cidade. De tres alturas e levantado en cantaría (opus quadratum) destaca a súa atinada restauración interior, que mantivo a súa luminosidade natural orixinal e oportuno uso dos materiais: madeira, vidro e escaiola.

Obra do arquitecto Carlos Gato Soldevilla, trátase dunha interesante edificación de estilo modernista realizada en granito, de semisoto, planta baixa, dous andares e aproveitamento baixo a cuberta. E moi interesante o deseño do patio central de operacións, recentemente restaurado.

Os vans do primeiro andar levan trabatel, e os do último teñen lumieiras en arco de cortina, con dobre arco de círculo. Gran friso á altura do teito da planta baixa e interesantes vestíbulo de entrada elevado.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar