Volver

Cruceiro sobre un tellado e hórreo

Cruceiro policromado situado sobre o tellado dunha casa. Esta constituído por un cubo de pedra no que se finca unha cruz cilíndrica con vultos que parecen nós. Pola parte dianteira sostén un Cristo moi policromado que mostra unhas boas proporcións. Polo reverso carece de figuras.

No cubo que sostén dereita a cruz aparecen, entre as lapas, un total de seis almas. Carecen de policromía e vense dende a rúa con certa dificultade.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar