Volver

Cruceiro do Moucho

Cruceiro localizado nunha encrucillada no lugar do Moucho a uns cen metros do cruceiro de A Barcia.

Estamos diante dun cruceiro antigo de base prismática sen gravación ningunha, con varal octogonal no que se labra, por riba do retablo, un San Antón. Ten un capitel con tres cabeciñas de anxo e unha caveira aos pes do Cristo, baixo un INRI (lámina inferior de Castelao). Na parte traseira, unha Virxe co neno e dous anxos.

O retablo está no cubo que serve da base á columna, metido nun fornelo (cavidade en forma de arco para albergar unha imaxe sacra). Debaixo ten o caixón de esmolas.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar