Volver

Cruceiro de Ferreiros

Conta cun varal alto e fino. Na parte dianteira aparece San Antón e Santa Mariña; por detrás Santa Bárbara.

Ten unha cruz cadrada cun cristo baixo un INRI no anverso, e, polo reverso a Virxe María cun pao na man para defender o neno que sube pola saia escapando do demo (debuxo de abaixo).

Ten a seguinte lenda: «Esta obra la mandó hacer por su devoción Tiburcio Freixo. Año de 1756». No retablo aparecen dúas persoas entre as lapas, franqueadas pos S. Francisco e S. Antón.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar