Volver

Cruceiro das Cinco Rúas

Trátase dun cruceiro barroco (1773), fermoso exemplo da arte popular galega. Ademais de ter as clásicas esculturas de Xesús e a Virxe María está tamén adornado no seu fuste con imaxes de santos.

Foi emprazado neste lugar ao remate da Guerra Civil, traído desde o núcleo mariñeiro de Estribela. Castelao inmortalizouno na súa obra As cruces de pedra na Galiza

Nas inmediacións de cruceiro poderemos ver a casa onde residiu Valle-Inclán en diferentes momentos da súa vida.

Roteiro Castelao

Percorrido por aqueles puntos da cidade do Lérez nos que foi máis destacada a presenza de Castelao.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar