Volver

Cruceiro da Curva da Morte

Exemplar situado na beira da estrada de Ponte Caldelas a Pontevedra, a carón dunha fonte. Na súa base amosa un retablo de ánimas co caixón de esmolas arruinado.

Ten unha columna cilíndrica, capitel con tres querubíns, cruz cilíndrica, e por detrás, a Virxe erguida. Tras cambiar o cruceiro de sitio por ampliación da estrada, puxeron todo ao revés: a caveira debaixo da Virxe, e o anxo aos pés do Cristo.

Pódese ler un epígrafe «AÑO DE 1789» e algo ilexible no que se aprecia «IHS» (Xesús Salvador de Homes). No retablo aparecen San Francisco e tres ánimas entre as lapas, e máis abaixo está roto o caixón de esmolas.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar