Volver

Cristo da Bica

Labrado no ano 1847, o Cristo da Bica ocupa un lugar de encrucillada na aldea. Na orixe desta obra quizais estea a morte dun veciño do lugar (na inscrición do pedestal lemos «AQVMRIO», o que podería interpretarse como «Aquí murió»). O certo é que estamos diante dunha imaxe popular dun Cristo crucificado moi querido e coidado polos veciños do Rañadoiro.

A imaxe é pintada todos os anos por un veciño da aldea: o mordomo da festa anual, algún ofrecido que solicita a concesión dun favor persoal, etc... A coloración das imaxes sacras é un hábito infrecuente
nos nosos días, mais non o foi no pasado. Desde o románico (séculos X, XI, XII) os artistas policromaron os cruceiros, os tímpanos das igrexas, as figuras das arquivoltas, etc... O paso do tempo degradou este cromatismo ata facelo desaparecer, pervivindo excepcionalmente nalgunhas imaxes.

A imaxe barbada do Fillo de Deus, labrada integramente en pedra, amosa certa calidade artística malia a súa orixe popular. Así o demostran algúns indicadores plásticos: aparece ben proporcionada, ten certo contido expresivo, evidencia un tratamento anatómico aceptábel, etc... Labrados en baixorrelevo destacan os símbolos do martirio de Cristo: os cravos que atravesaron os seus pés e mans, as tenaces que os arrincaron, a escaleira que serviu para baixar o seu corpo, etc...

Roteiro polo patrimonio de Ponte Sampaio

O inicio e final do roteiro sitúase na ponte medieval de Sampaio, de aí o seu sentido circular.

Roteiro entre as rías de Vigo e Pontevedra

Os últimos quilómetros do sendeiro discorren pegados ao río, pasando polo vello balneario de Monte Porreiro e o mosteiro de Lérez.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar