Volver

Convento e horta de Santa Clara

A igrexa foi construída no século XIV, dunha soa nave con cuberta de estrutura de madeira sobre tres arcos diafragma apuntados. Ten unha soa capela absidal cuberta con bóveda pétrea de abano e decorada con altas e grandes ventás, semellantes ás de todos os edificios góticos franciscanos galegos. Ten ademais planta poligonal.

A igrexa de Santa Clara é unha das máis antigas da Orde Franciscana de Galicia, fundouse no ano 1271. A súa primeira abadesa foi Leonor Rodríguez, que morreu con fama de santidade. A igrexa conserva bos retablos barrocos. Destaca o dos Desamparados.

Camiños do Padre Sarmiento: Pontevedra - Tenorio

Este roteiro parte do que foi a porta medieval de Santa Clara, a entrada natural dos arrieiros que viaxaban entre O Ribeiro e Pontevedra.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar