Volver

Colexio do Sagrado Corazón

Edificio exento construído no ano 1917 que acolle ampliacións datadas nos anos 1925, 1926, 1928, 1954, 1958 e 1961. Construído en pedra, tixolo enfoscado e tella curva, o inmoble permite ler na súa nave transversal a adaptación do volume orixinalmente destinado a balneario, ampliado coa construción de tres naves perpendiculares co obxecto de acoller as aulas do colexio. As ampliacións posteriores do conxunto unicamente conseguiron desvirtuar o proceso de adaptación inicial.

Estamos diante dun edificio historicista, cunha primeira fase de ampliación na que se engadiron tres naves perpendiculares á inicial, conxunto no que se residencia o maior grao de interese patrimonial.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar