Volver

Cemiterio de San Amaro

Trátase dunha obra neoclásica, realizada polo grande arquitecto pontevedrés Alejandro Rodríguez Sesmero. Trazado a imitación dun arco de triunfo romano, con tres arcos, o central máis alto, columnas dóricas apegadas que soportan un frontón liso triangular e gran cruz no ápice.

Este histórico complexo funerario, que inclúe a capela románica de San Mamede de Moldes e unha ampla zona axardinada, ocupa unha superficie total de 22.676 m2, e sufriu unha importante ampliación cara o sector sur.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar