Volver

Castro do Monte dos Penedos / Monte de De la Sota

Cimeira que constitúe a parte máis elevada dun contorno montañoso que domina os vales dos ríos Tomeza e Louriñáns. Emprazamento cuxa superficie se atopa moi alterada por actuacións diversas, principalmente pola explotación das canteiras, presentando enormes socavóns xunto con intensa remoción de terras, ao que se une a abondosa repoboación.

Na zona superior que sobresae do resto, obsérvanse numerosos afloramentos graníticos, en cuxos cortes se aprecian pegadas da extracción de pedra. Cara o noreste descende cara unha prolongada plataforma, igualmente alterada.

Non se aprecia ningún tipo de sistema defensivo ou de posibles estruturas. A caída, en xeral, é bastante suave. Ao este sitúase o castro de San Cibrán. Na caída da ladeira oeste ten unha grande canteira.

Foron atopados fragmentos de cerámica indíxena e ánfora, así como restos de fundición de bronce de 430 gramos. 

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar