Volver

Castro de San Cibrán

Cimeira dun macizo montañoso situado a 143 metros sobre o nivel do mar que domina os vales do río Tomeza e afluíntes. Conta cunha ermida no seu cumio, pistas de acceso, tendido eléctrico, miradoiro, palco e instalacións feirais, así como unha canteira.

Recinto practicamente destruído polas obras de explanación e instalacións feirais. Posiblemente se tratase dun único recinto circundado por un sistema defensivo de muro e terraplén con presenza de foxo, conservándose este conxunto visible na actualidade, na zona este do recinto, interrompíndose cara o sureste pola estrada.

O que hoxe é a explanada da ermida sería a outra zona do recinto, cuxa configuración está totalmente alterada por aterrazamentos e pistas de acceso.

A caída polo noroeste e suroeste é en pronunciada pendente, que domina a ría. No resto, esta caída é máis suave. Na zona sur consérvanse numerosos afloramentos graníticos.

Ten unha grande intervisibilidade con outros castros: ao noreste o Monte do Castro (Mourente); ao oeste o Monte das Croas (Vilaboa) e ao sur-sureste o Coto Loureiro (Vilaboa).

Atopáronse restos de cerámica indíxena, tégula e moedas, todo depositado no Museo de Pontevedra.

Camiños do Padre Sarmiento: Pontevedra - Ponte Sampaio

Este itinerario atravesa as parroquias de Tomeza, Canicouva e Ponte Sampaio en Pontevedra, Bértola e Figueirido no concello de Vilaboa e Arcade no concello de Soutomaior.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar