Volver

Castro de O Casteliño / Monte Castelo

Recinto de pequenas dimensións. Conformado por un montículo que remata en grandes afloramentos graníticos e inmediatamente se constitúe nun pequeno aterrazamento, caendo na ladeira norte nun segundo e terceiro aterrazamentos.

As outras ladeiras caen en pronunciada pendente. Cara o est, ao pé da caída, ábrese nunha pequena depresión ou vaguada defendida pro un segundo outeiro con grande número de afloramentos graníticos.

É de destacar a abondosa presenza de fragmentos cerámicos de procedencia indíxena e romana (tégulas) que se recollen nas fincas de cultivo situadas ao pé da ladeira sureste. Tamén foi atopado un fragmento dun muíño circular. Todos os materiais foron depositados no Museo Provincial de Pontevedra. 

Na súa ladeira oeste existen referencias de gravados rupestres.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar