Volver

Casa vilega na rúa Riestra, 19

A ringleira de casas da rúa Riestra no seu lado sur, entre as ruínas de Santo Domingos e Villa Pilar, son do século XIX, mostra do ensanche pontevedrés desta época.

Trátase de casas de cantería de perpiaños ben labrados, de planta baixa e dúas plantas de piso, con balcóns na primeira planta e galerías na segunda, ou balcóns nas dúas.

Deste mesmo estilo edificáronse as das rúas Benito Corbal, Oliva, Peregrina, García Camba e todas as do ensanche.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar