Volver

Casa tradicional con solaina

Vivenda tradicional no lugar de Ribeiro, en Campañó, que orixinalmente presentaba planta rectangular, dúas alturas e cuberta a dúas augas. Nas últimas décadas a casa foi ampliada cara o oeste de forma pouco respectuosa coa tipoloxía orixinal.

O volume tradicional orixinal -o único que é obxecto de protección- foi erixido utilizando opus vittatum. Destaca a solaina e a escalinata de acceso (ambas orientadas ao este), sen dúbida a peza máis sobranceira do conxunto.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar