Volver

Casa Reitoral de Santo André

Conta cun gran portalón de entrada coroado por unha cruz, e pirámides aos lados. Este elemento é, sen dúbida, unha peza valiosa de planta rectangular aberta ao oeste, sendo levantada utilizando opus quadratum, paramento que contrasta co opus incertum do muro de peche perimetral da finca.

O deseño do portalón sitúa un grande oco alintelado coroado por un beiril en forma de filete ou listel que destaca en planta, aparentando sustentarse sobre pilastras laterais acanaladas. Remata o conxunto unha cruz latina sen figuración flanqueada por pináculos.

A edificación principal presenta planta en forma de escuadra e cuberta a dúas augas, erixindo como elemento máis destacado, un torreón de planta cadrada con cuberta a catro augas que destaca en altura e volume respecto do resto do edificio.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar