Volver

Casa Reitoral de San Vicente de Cerponzóns

Edificio residencial construído no século XVIII que acolle unha serie de arquitecturas adxectivas de grande valor e interese: un hórreo de catro claros, dous pombais e un lavadoiro.

O edificio principal presenta planta rectangular, dúas alturas e cuberta a catro augas. Levantado en opus vittatum, os seus muros aparecen perforados por xanelas coroadas por trabatel e unha porta de aire balconada orientada ao sur. No sector noreste sitúase un portalón monumental - que dá acceso ao patio - coroado por ameas e unha cruz latina sen figuración.

A casa aparece unida a unha serie de arquitecturas adxectivas de planta poligonal que dan lugar a un patio organizador do complexo.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar