Volver

Casa Reitoral de Salcedo

Casa grande de planta rectangular e cuberta a catro augas construída no ano 1764 que ergue un total de dúas alturas a base de opus vittatum.

O inmoble, que posúe un orixinal reloxo de sol en forma de prisma granítico que sobresae da fachada no ángulo sureste, dispón unha serie de ocos seriados en forma de portas e xanelas nos que destaca o trabatel que coroa as ventás do piso residencial.

Tamén é de destacar a escalinata de acceso ao piso nobre localizada na fachada este, así como a balconada sustentada sobre canzorros que se dispón no lado oposto orientada ao oeste.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar