Volver

Casa Reitoral de Ponte Sampaio

Edificio de planta en forma de T que se levanta na cabeceira dunha grande finca singular orientado ao oeste. De dúas alturas e cuberta a tres augas, o inmoble foi levantado cunha plementería expléndida (opus quadratum), destacando o fabuloso balcón corrido e cuberto -sustentado en recortados canzorros barrocos e protexido cunha varanda do mesmo estilo- que loce a súa fachada sur. 

Os muros do andar residencial aparecen perforados por un modesto número de vans, se ben o tamaño dos existentes non é reducido en ningún caso. Orientado ao sur sobresae un amplo balcón voado (con varanda de forxa) que comunica co salón principal a través dunha portadaire flanqueada por dous xanelos.

Roteiro polo patrimonio de Ponte Sampaio

O inicio e final do roteiro sitúase na ponte medieval de Sampaio, de aí o seu sentido circular.

Roteiro entre as rías de Vigo e Pontevedra

Os últimos quilómetros do sendeiro discorren pegados ao río, pasando polo vello balneario de Monte Porreiro e o mosteiro de Lérez.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar