Volver

Casa Reitoral de Marcón

Edificio de planta rectangular construído en dous momentos históricos distintos, dúas alturas e cuberta a dúas augas levantado utilizando distintos tipos de plementería (opus quadratum e opus vittatum).

O inmoble, que tamén foi obxecto de distintas ampliacións no sector sur e sureste, presenta unha serie de vans de grandes dimensións abertos de forma rítmica ao longo das súas fachadas principais, especialmente a orientada ao oeste.

Dentro da súa finca singular posúe un canastro de grandes dimensións (catro claros) e un cruceiro sen figuración, así como unha imaxe da Virxe das Dores ao pé do seu portalón monumental.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar