Volver

Casa Reitoral de Campañó

Edificio de planta en forma de T, con dúas alturas e cuberta a catro augas, levantado en perpiaño granítico de boa calidade (opus vittatum). 

As súas fachadas (a maior acada os 28 m de lonxitude e a menor 8 m) dispoñen de ocos seriados: bufardas verticais e horizontais e portas no piso térreo que preceden a xanelas e portas de aire coroadas con trabatel no superior.

No exterior destaca a cheminea que evacúa os fumes da lareira, así como o patín precedido dunha dobre escalinata de pedra que permite o acceso ao interior.

Á beira do edificio principal dispóñense un hórreo (SW), unha eira empedrada (SW) e un alpendre corrido de planta baixa e 42 m de lonxitude que ten o seu lado maior no eixe E-W.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar