Volver
Casa Reitoral de Bora
Conxunto tradicional conformado por unha vivenda, dous canastros (un deles de 12 pés e cuberta de laxes de granito) e un alpendre con cortes para cabalerías apegado a un fermoso soportal aberto ao rueiro.
A casa, levantada nas proximidades do templo, presenta planta rectangular, dúas alturas e cuberta a dúas augas. Construída en opus quadratum, o acceso ao patio descuberto que dispón ao este da edificación principal realízase a través de dúas portadas monumentais, unha aberta ao rueiro, e outra ao adro da igrexa.
Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!
Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.