Volver

Casa Reitoral de Alba

Casa grande de traza monumental dunha superficie total de 460 m2 construída no século XVIII.

De dúas alturas e cuberta a tres augas, posúe cociña de grandes dimensións con lareira granítica no piso alto (que se evidencia a través dunha cheminea que destaca en altura). Labrado en opus quadratum, conta con adega, lagar e nobre escalinata granítica protexida por varanda e balaustres torneados.

A porta de entrada (situada no eixe da fachada principal) amósase alintelada e acobadada, e sobre ela disponse un balcón de pedra sobre canzorros aristados. Remata a lectura vertical un ollo de boi gorecido baixo un lintel semicircular.

No seu interior acolle unha fonte.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar