Volver

Casa mariñeira na rúa Xan Guillerme, 25

Esta casa é das poucas que quedan na Moureira de Arriba, do século XVIII. A vivenda está construída a imitación de todas as que había no barrio do século XVI, pero con características barrocas.

A planta baixa está asoportalada, con dúas columnas centrais de orde toscana e dous grandes canzorros nos extremos. O andar ten tres ventás en vez de dúas, e están ademais recercadas. A cornixa é xa multimoldurada.

A distribución interior e materiais son semellantes ós do século XVI. A horta sitúase na parte posterior.

Roteiro das Moureiras

Pontevedra foi durante o século XVI a poboación máis rica e populosa e Galicia, o que lle debe á enerxía dos poboadores das Moureiras, que fixeron da pesca a súa principal industria.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar