Volver

Casa e capela do Vao

Actualmente atópase en estado de ruína, foi moi visitado no seu momento polo padre Sarmiento, pois quedaba a metade de camiño entre o mosteiro de Lérez, onde el vivía, e o outro gran mosteiro benedictino da zona, o de Poio.

O pazo quedou como un sobrante da zona industrial do Vao, na parroquia de Campañó, en parte derrubado e sen ningunha cuberta. Ten a capela enteira, coa súa espadaña, pero sen tellado. E doado de restaurar e domina unha fermosa vista de val do Lérez.

Conserva tamén a súa lareira con gran cheminea. Foi construído no século XVIII.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar