Volver

Casa do Padre Sarmiento

Casa grande de tipoloxía tradicional de dous andares organizada entorno a un patio central descuberto que presenta planta poligonal protexida con cubertas a dúas e catro augas, segundo o caso. Destaca o tratamento uniforme dos paramentos, labrados en opus quadratum, así como a disposición de ocos de tamaño modesto en forma de xanela coroada por trabatel.

Do conxunto destaca a ornamentación que coroa a porta de acceso ao patio, unha composición barroca de raigame popular que combina todos os elementos propios desta linguaxe: fornela con peana e imaxe relixiosa, placas pétreas, pináculos e cruz sen figuración.

Camiños do Padre Sarmiento: Pontevedra - Tenorio

Este roteiro parte do que foi a porta medieval de Santa Clara, a entrada natural dos arrieiros que viaxaban entre O Ribeiro e Pontevedra.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar