Volver

Casa do Crego ou da Inquisición

Edificio construído no ano 1850, segundo figura no orixinal frontón triangular que coroa un dos seus portalóns de acceso, sen dúbida un dos elementos máis destacados do conxunto. Baixo esta inscrición lábrase en altorrelevo a faciana dun Sasón barbado enmarcado por unha moldura oblonga.

O seu interior acolle uhna edificación principal de tipoloxía tradicional e dúas alturas (B+I), planta en escuadra e muros en opus vittatum. Ao SW desta, un hórreo de catro claros e tipoloxía mixta (pedra e madeira) coroado con pináculos e cruz latina sen figuración.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar