Volver

Casa do Concello

Érguese no contacto do centro histórico coa alameda do Arquitecto Sesmero, sobre os restos das antigas Casas do Concello (s. XV-XVI).

É obra do arquitecto Alejandro Rodríguez Sesmero, e responde ao estilo ecléctico decimonónico (1877-1890). A partir deste punto adentrámonos no antigo recinto amurallado.

Camiños do Padre Sarmiento: A Boa Vila

Roteiro que nos leva dende a casa familiar de Sarmiento ata o Museo de Pontevedra percorrendo o centro histórico da cidade.

Roteiro Xoan Manuel Pintos

O paseo que se propón pola Pontevedra do século XIX farase a través dos textos de Xoán Manuel Pintos e comprende dez puntos significativos co obxectivo de presentar a figura deste persoeiro, pero tamén facer un repaso polos acontecementos políticos, sociais e culturais do século XIX.

Roteiro Castelao

Percorrido por aqueles puntos da cidade do Lérez nos que foi máis destacada a presenza de Castelao.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar