Volver

Casa da Tabacalera / O Mesón

Edificio de planta rectangular mandado construír polo arcebispo Sebastían Malvar y Pinto no s. XVIII que, en orixe, presentaba na súa fachada principal un porche ou cuberto apoiado sobre columnas.

Posúe unhas proporcións moi coidadas dentro da sobriedade xeral do seu deseño. Un caixeado case plano serve para enmarcar as xanelas con tornachuvias, e unha cornixa moldurada percorre todo o seu perímetro, acentuando o carácter clásico do edificio.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar