Volver

Casa da Sancristana / Casa da Granxa de Santa María de Xeve

Edificio singular e orixinal sen paralelo coñecido no resto do concello de Pontevedra. Trátase dunha vivenda de planta poligonal e dúas alturas construída en opus vittatum que, en realidade, envolve a outra deixando entre ambas unha «cámara» duns 50 cm aproximadamente.

A tipoloxía do inmoble destaca, entre outros, pola inclusión de dúas bufardas de localización aparentemente caprichosa e desordenada que compiten en volume cunha enorme chimenea granítica. Conta con canastro e reloxo de sol.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar