Volver

Casa da Granxa en Alba

Conxunto formado por unha vivenda de tres alturas que recreceu en dous niveis a orixinal arquitectura primitiva. Para elo a lectura de paramentos permite diferenciar a cantaría de ambos momentos (opus vittatum no piso terreo e opus quadratum nos superiores).

O elemento con maior interese é, xa que logo, o andar terreo, o único que se conserva de orixinal na edificación residencial.

Con todo, o elemento máis destacado do conxunto é o portalón e cuberto de acceso á finca, unha fermosa composición barroca enmarcada por orelleiras e coroada por un brasón cortado e partido de dous, flanqueado por volutas e pináculos.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar