Volver

Casa da Granxa de Salcedo

Conxunto tradicional localizado no barrio de San Brais constituído por unha edificación principal (levantada en opus incertum) de planta rectangular, dúas alturas e cuberta a dúas augas, que se presenta coroada por un ameado perimetral.

Á vivenda accédese a través de dous accesos, un tradicional -en forma de portalón monumental- situado no sector sureste, xusto á beira dunha construción auxiliar de planta terrea e cuberta a dúas augas, e outro máis recente recuado localizado ao sur. 

Pechado cun muro perimetral igualmente ameado, o interior contén un pombal tradicional illado e unha escultura feminina labrada en pedra sobre columna de sección circular.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar