Volver

Capela e carballo de Santa Margarida

Segundo Fontoira Surís, «a capela de Sta Margarida sufriu numerosas remodelacións nos séculos XVI e XVIII, pero conserva o seu presbiterio románico, posiblemente de finais do século XII. Polo seu lado sur, a cornixa do presbiterio está case intacta, coa súa moldura en nacela, aínda que sobreelevadas por unha pezas de pedra achafranadas. A cornixa da nave é de perfil en gola, do século XVIII. A porta de entrada, de medio punto e grosa rosca, da fachada occidental, é do século XVI».

A súa cuberta foi estaurada en 1989 baixo a dirección de Fontoira Surís. O Carballo da Capela de Santa Margarida figura no Catálogo Galego de Árbores Senlleiras.

Camiños do Padre Sarmiento: Pontevedra - Tenorio

Este roteiro parte do que foi a porta medieval de Santa Clara, a entrada natural dos arrieiros que viaxaban entre O Ribeiro e Pontevedra.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar