Volver

Capela e carballeira de San Roque

Constuída no século XVIII consta dunha planta rectangular, cuberta con bóveda de canón corrido de cachotería, sen cabeceira destacada pero cun arco faixón intermedio, de medio punto sobre pilastras lisas.

A fachada occidental ten o seu hastial triangular quebrado no ápice para dar paso a unha cruz. Carece o templo de espadaña. O hastial remátase con moldura en nacela, que se usa tamén como cornixa en todo o edificio e que se volve un metro a cada lado da fachada occidental como imposta. Nos dous extremos do hastial levántanse pináculos de bólas.

No centro ábrese a porta, rectangular, de lumieira monolítica, recercada con nacela refundida e conformando orelleiras superiores e inferiores. A ambos os lados da porta ábrese un óculo circular de derramo interno. Sobre a porta hai unha fornela rematada en bóveda de vieira coa imaxe de san Roque e o seu can, da época.

No interior, e aproveitado como fronte do altar, hai un taboleiro completo dun baldaquino do século XVI que representa a Anunciación. 

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar