Volver

Capela de Santo Paio

Edificio de planta rectangular con ábsida apegada que presenta menor dimensión en planta e altura que a nave. A capela orixinal, protexida por unha cuberta a dúas augas, sufriu unha ampliación que alargou a súa altura en 1/3 parte.

Levantada en opus incertum, a fachada principal acolle unha porta no eixe central coroada por un xanelo apoiado nun peitoril. O edificio remátase en altura por medio dunha espadana de dobre oco rematada nunha cruz de ferro.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar