Volver

Capela de San Roque

Trátase dunha igrexa neoclásica, pero que ten pezas románicas incrustadas na súa obra que pertenceron a outra igrexa.

As pezas incrustadas son un conxunto de columniñas, unidas de catro en catro, cos seus capiteis e basas, que se colocaron na nave da igrexa, formando tres ventanais, e tamén unha importante colección de canzorros.

En realidade, moitos dos canzorros son modernos, realizados imitando o estilo dos románicos aportados do exterior. Non é fácil diferencialos en moitos casos.

A igrexa orixinaria destas pezas románicas é a igrexa de Casteláns, do municipio pontevedrés de Covelo. Trátase dunha igrexa pertencente a un mosteiro medieval feminino, que foi derrubado no momento de construír a estrada que a bordea. Aínda se conserva en pé, no seu sitio, o presbiterio, moi belo, con columnas apegadas polo seu exterior, de planta semicircular, pero todo o conxunto arruinado. 

Uns arcos pertencentes ao presbiterio desta igrexa foron instalados nos xardíns do balneario de Mondariz; aínda alí poden ser visitados. Outras partes da igrexa foron traídas para ser montadas na capela de San Roque de Pontevedra, e outros restos atópanse en municipios achegados.

As columnas demostran que a igrexa era de finais do XII, basas de perfil ático, fustes monolíticos, capiteis de follas rematadas en bolas nas esquinas. O resto é todo moderno.

Roteiro das Moureiras

Pontevedra foi durante o século XVI a poboación máis rica e populosa e Galicia, o que lle debe á enerxía dos poboadores das Moureiras, que fixeron da pesca a súa principal industria.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar