Volver

Capela de San Mauro

Templo de planta poligonal con nave rectangular e capelas laterais apegadas. Construído en cantaría de boa calidade (opus quadratum na fachada e opus vittatum nos muros laterais), a porta de acceso principal preséntase acobadada e coroada por un xanelo que precede en altura a un frontón triangular enmarcado por un beiril que tamén percorre todo o perímetro da nave.

Posúe unha porta de acceso lateral situada baixo unha peana coa labra tridimensional do santo que lle dá nome á capela.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar