Volver

Capela de San Cibrán

Sinxela edificación de pequenas dimensións emprazada no cume do monte homónimo.

De planta rectangular e sinxela traza e volumetría, o seu exterior carece de elementos destacables, alén da porta de acceso que se sitúa na fachada oeste baixo un fermoso arco de medio punto labrado con grandes doelas.

Remata o conxunto unha espadana moderna dun único oco coroada por unha cruz latina sen figuración.

Camiños do Padre Sarmiento: Pontevedra - Ponte Sampaio

Este itinerario atravesa as parroquias de Tomeza, Canicouva e Ponte Sampaio en Pontevedra, Bértola e Figueirido no concello de Vilaboa e Arcade no concello de Soutomaior.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar