Volver

Capela de San Caetano

Construída no século XVIII en estilo barroco, consta dunha soa nave rectangular e unha cabeceira cuadrangular, lixeiramente máis ancha e francamente máis alta que a nave.

A fachada é de piñón triangular, moldurado en cuarto de bocel, listel e talón inferior de apoio. No ápice leva unha cruz.

A porta está recercada sen orelleiras pero cun triángulo na clave do dintel, a molduración do recercado é en dous cuartos de bocel entre listeis.

Sobre a porta sitúase un baquetón a modo de pequeno tornachuvias e sobre el un frontón triangular rematado en espirais a ambos os dous lados, que contén no seu centro unha fornela rematada en bóveda de vieira coa imaxe de San Caetano vestido de eclesiástico e cos dous brazos levantados. 

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar