Volver

Capela de San Brais

Trátase dunha pequena capela de estilo barroco moi coñecida pola súa popular romaría o día do seu santo patrón. É de planta rectangular, cunha longa cabeceira máis estreita e baxa cá nave. Cóbrense con bóvedas de canón.

Polo exterior ten dous contrafortes por lado, responsións dos arcos interiores de medio punto. A fachada occidental remata en piñón mixtilíneo, moldurado con gran gola e listel. No tramo recto central deste piñón levántase unha pequena espadaña dun só van en arco de medio punto, rematada en cruz central con dous pequenos pináculos aos lados.

A porta é rectangular, simple, cun recercado superior preparado para unha inscrición; sobre a porta sitúase a imaxe de San Brais con tiara e báculo, baixo unha fornela en bóveda de media laranxa. Sobre a fornela ábrese unha saetera rematada en venera.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar