Volver

Capela de San Amaro

Pequeno edificio de planta rectangular labrado en cantaría (opus quadratum) que presenta unha cuberta a dúas augas.

A fachada, alterada por un soportal recente que nada achega á aquitectura primixenia, aparece protagonizada por un grande oco cuberto por un arco de medio punto, mentres que os paramentos laterais deixan sitio a pequenas xanelas con ou sen derrame interno.

O seu interior, que carece de retablos de madeira ou pintados, é extremadamente sobrio e austero.

Camiños do Padre Sarmiento: Pontevedra - Ponte Sampaio

Este itinerario atravesa as parroquias de Tomeza, Canicouva e Ponte Sampaio en Pontevedra, Bértola e Figueirido no concello de Vilaboa e Arcade no concello de Soutomaior.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar