Volver

Capela da Peregrina

Construída a partir de 1778, trátase dunha das edificacións máis simbólicas e relevantes da cidade. Obra do arquitecto portugués Antonio Souto, é o santuario da patroa de Pontevedra. A obra foi pagada pola Cofradía da Nosa Señora do Refuxio e Divina Peregrina.

De planta case redonda en forma de cuncha de vieira remata en cruz marcada pola cabeceira e a sancristía. A fachada barroca convexa con elementos neoclásicos do século XVIII (encadrada por dúas torres).

No corpo superior están as imaxes de Santiago, San Roque e a Peregrina vestidos de peregrinos xacobeos, protectores dos fieis que ían a Santiago pola ruta portuguesa. Esta ornamentada fachada está precedida por un atrio con escaleiras, perimetrado por balaustrada con pináculos. Tamén cabe destacar a fonte situada o pé das súas escaleiras.

No interior do templo chama a atención o gran retablo deseñado por Melchor de Prado a principios do S.XIX. Pódese visitar durante todo o ano en horario de culto. O interior foi integramente restaurado en 2008.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar