Volver

Cano do Cura

A captación nace na Arqueta, comezo do Cano do Cura. O lugar de O Arco, ao pé do Mosteiro, fai referencia ao acueduto que existía nese punto para salvar o desnivel do terreo.

Localizouse un tramo do cano, que discurre polo monte. En total ten uns dous quilómetros ata chegar ao mosteiro de San Salvador. É un cano de pedra, con tramos ao aire e outros subterráneos. É posible que se atope taponado nalgunhas zoas pola construción da estrada e de algunhas casas.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar