Volver

Canastro de Proumalla

Trátase, sen dúbida, da estrutura dun celeiro primitivo de basamento granítico e alzado a base de varas entretecidas coñecido popularmente como 'A Moa', unha denominación que nos remite aos muíños polo seu parecido morfolóxico coa pedra de moer. A súa cámara, outrora levantada con pólas ou varas entretecidas de carballo, vimbio ou salgueiro, tecíase dunha maneira moi semellante aos cestos. Na parroquia existen unha ducia de moas coma esta.

O investigador Manuel Caamaño afirma que este tipo de celeiros, o de planta redonda en forma de moa (peza que tamén fai as veces de tornarrato) é o máis primitivo dos hórreos apoiados sobre pés,
servindo de base dunha cámara cilíndrica ou troncocónica invertida.

A este modelo, que aparece erguido sobre un pé cilíndrico de granito de escasa altura, sucederíao no tempo outro de planta cadrada e catro apoios. Algúns destes exemplares aínda son visíbeis nalgunhas comarcas do país próximas a Pontevedra, como é o caso de Caldas de Reis.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar