Volver

Camiño do Río

Espléndida calzada empedrada que, até hai pouco tempo, nos conducía ata unha pontella alintelada (hoxe desparecida) que permitía o acceso dos veciños do Vilar a dous muíños situados en batería á súa beira e a un terceiro (de maquía) máis arredado. Hoxe en día, despois da riada de 2006, só queda en pé un único muíño.

O camiño, que une o núcleo do Vilar co río, ten unha lonxitude 220 metros e unha anchura media de 2 metros. 

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar