Volver

Cama do Santo

Sepulcro rupestre aberto na rocha en dirección sureste-noroeste. Ten rebaixes laterais e un reborde perimetral. Na cabeceira ten un suco que segundo os veciños era para o sangue do santo.

As súas medidas son 2,10 metros da cabeceira aos pés e 50 cm á altura da cabeceira e 40 cm á altura dos pés, corresponde ao seu ancho. Ao parecer escavadores furtivos atoparon entorno a este sepulcro grande número de cerámicas medievais.

Hai referencias de que en O Caeiro, na zona máis abaixo que a cama de San Estevo, aparecen trozos de tégulas ou tixolos. Así mesmo nos campo dos arredores do igrexario da parroquial atopáronse restos de cerámica castrexa e romanizada moi tardías. 

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar