Volver

Calzada Romana da Gándara

Xacemento situado na zona pantanosa da Xunqueira de Alba. A calzada romana atópase hoxe totalmente cuberta polo recheo da pista actual.

Ata hai pouco tempo recordábase a existencia nesta zona dun camiño empedrado, soterrado nos anos 1979-80.

Autores como Peña Santos apuntan que se trataría da vía XX (sic), Bracara Augusta-Luco Augusti. O seu trazado podería establecerse desde a Ponte do Couto, actual Virxe do Camiño, Ferraría, Rúa Real, Ponte do Burgo e bordeando a Xunqueira de Alba, até Pedra Picada. Datos que, por outra parte, estarían respaldados pola presenza de miliarios.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar