Volver

Café Moderno

Inmoble de tres alturas e estilo eclecticista; de fachada de cantaría e con galerías en forxado terminado a principios do século XX. Coñecido como Café Moderno, nas súas salas déronse cita algúns dos intelectuais máis sobresaíntes do galeguismo histórico como Castelao, Bóveda ou Cabanillas.

A rehabilitación do inmoble, acometida polo arquitecto Álvaro Siza, levouse a cabo conxugando harmoniosamente o tradicional e o contemporáneo, adecuando os antigos espazos aos novos usos socioculturais. Tres materiais son os auténticos protagonistas: a cantaría de granito, o ferro fundido e a ebanistería, que converten o edificio nunha das construcións máis singulares da cidade.

Dispón de planta baixa, entreplanta, dous pisos e baixo cuberta. Na planta baixa localízase o Café e o Salón de Faladoiros, no seu mobiliario cohabitan as pezas orixinais con outras deseñadas específicamente por Siza.

O xardín, ao que se accede pola planta baixa, recuperou o seu estado orixinal, destacando a noble antigÌidade das súas especies arbóreas, así como unha estatua de Castelao, obra de Francisco Leiro. Nos pisos superiores sitúanse as salas de exposicións, a Sala de Economía dedicada a Valentín Paz Andrade e as aulas socioculturais.

Roteiro Castelao

Percorrido por aqueles puntos da cidade do Lérez nos que foi máis destacada a presenza de Castelao.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar