Volver

Antigo Cuartel de San Fernando

Orixinariamente esta obra do seculo XIX concibiuse como cuartel de infantería, que veu substituír á vella Maestranza, un cuartel de planta baixa que fora destruído no seculo XVIII e incendiado polas tropas inglesas mandadas polo xeneral Homebod.

A obra actual, de finais do século XIX, rematouse exactamente no ano 1900 e foi deseñada polo arquitecto Méndez Conde.

No edificio, hoxe dedicado a Facultade de Belas Artes, destacan o seu gran patio central, o de maiores dimensións da cidade, a fermosa fachada en pedra, e a portada de tres andares coroada no ápice polo escudo de España.

Divídese en planta baixa e dous andares, con vans rectangulares recercados, con antepeitos balconeiros e lumieiras formando pequenas orelleiras, tan propias do XIX pontevedrés."

Camiños do Padre Sarmiento: A Boa Vila

Roteiro que nos leva dende a casa familiar de Sarmiento ata o Museo de Pontevedra percorrendo o centro histórico da cidade.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar