Volver

Antiga Igrexa de Santa María de Gatomorto

Da antiga Igrexa de Santa María de Gatomorto unicamente se conserva a portada monumental de acceso e unha parte do contedor do templo, unha peza reconvertida en vivenda en data que descoñecemos. Esta, labrada en opus quadratum, quizais reutilizando a plementería do edificio relixioso, presenta planta rectangular e ocos de reducido tamaño, se ben complementados con trabatel.

No que respecta á fachada do templo, o planteamento responde a un modelo neoclásico datable na Idade Moderna, cunha porta gorecida baixo un arco de medio punto flanqueada por pilastras embutidas acanaladas que sustenta un entaboamento casetonado con clave central coroado con pináculos e ameas. 

Hoxe en día só conserva parte do antigo portalón, adosado a unha casa particular.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar